Nacín en Madrid, e dende os 9 anos vivo en Galicia. A esa idade tiven a miña primeira cámara réflex.

Nacín en Madrid, e dende os 9 anos vivo en Galicia. A esa idade tiven a miña primera cámara réflex.
A miña paixón pola fotografía é vocacional, medrei vendo e tocando as fotografías do meu bisavó Manuel Buch Sáinz. Comecei a miña formación na Escola de Artes e Oficios, e de forma autodidacta. Completei os meus estudos en Belas Artes, especializándome en procesos de laboratorio, branco e negro.
Tamén estudei fotoperiodismo en EFTI. Interésame o fotoperiodismo como medio de denuncia social en temas como conflictos, feminismo ou medio ambiente.
Sen deixar de lado outros traballos plásticos e creativos, ademáis de colaboracións con artistas de diversos campos: teatro e música principalmente.